ATA SEMPRE

Despois de tantos anos xuntos, de traballo, emocións, xogos, ledicias e moito amor, chegou o momento da despedida.
SEMPRE LEVAREMOS A CALDELAS E A SÚA XENTE NO NOSO CORAZÓN

A profe Cris e a profe Mónica

EXCURSIÓN EN CATAMARÁN E Ó ACUARIO DO GROVE

O último día de cole, aproveitamos para facer unha excursión fantástica: fomos ata O Grove, onde desfrutamos moito vendo todos os animais que había no acuario: tartarugas, cabaliños de mar, peixes pallaso… ata un tiburón toro enorme!! Ademáis, puidemos tocar estrelas de mar. Tamén fomos en catamarán pola ría de Arousa, onde observamos unha batea e tamén o fondo do mar gracias á visión submariña do catamarán.
Pasámolo xenial!!
No acuario:





Agardando para subir no catamarán:


Observamos as bateas:


Vendo os fondos mariños:


Co capitán:

FESTA DE FIN DE CURSO EN PEXEGUEIRO

Este ano, a festa de fin de curso do CRA, levouse a cabo en Pexegueiro, onde puidemos desfrutar dun teatro de títeres, “Caraporquiña vermella”, que nos gustou moitííísimo. Despois de recuperar forzas coa merenda, tocounos xogar nos hinchables, nos que o pasamos xenial, tamén adornamos os maios, cantamos e bailamos todos xuntos, e os nenos/as de 6º de educación infantil, recibiron a orla do CRA.











FESTA DA AUGA

Para celebrar o remate do curso escolar e despedirnos dos nenos e das familias, celebramos un día de convivencia coa festa da auga, onde os nenos/as puxéronse en bañador e fixemos xogos de agua con esponxas, pistolas de auga, area… e por suposto coa mangueira. Pasámolo xenial!!!









FESTA DE GRADUACIÓN 2014

Como tódolos anos, celebramos a graduación dos nenos e nenas que remataron o ciclo de educación infantil e que se van para primaria. Este ano fomos ó parque da Ribeira, onde lles entregamos a orla e o diploma, foi un día de moitas emocións e moitos xogos.
Os graduados coa profe Cris:

Os nenos e nenas de 4º e 5º de educación infantil coa profe Mónica:

Todos xuntos:


A nosa orla:

VIAXE EN BARCO POLO RÍO MIÑO

Con motivo da celebración do día das Forzas Armadas, o patrulleiro de vixilancia interior “Cabo Fradera”, invitáronnos a dar un paseo polo río Miño e a recibir o bautismo fluvial. Pasámolo moi ben!!
Primeiro atendemos as explicacións dos distintos tipos de redes e pesca:

Poñemos os chalecos salvavidas para subir no barco

Damos o paseo no barco e recibimos o bautismo:

DÍA DE BICIS EN CALDELAS

O profe Jose de psicomotricidade propuxo facer un día de bicis, unha idea que tivo unha gran acollida. Houbo que esperar a que fixese bo tempo, pero a actividade foi un éxito; os nenos pasárono xenial e desfrutaron moitísimo, non hai máis que ver as súas cariñas:
Saímos do cole guiados pola policía local:


Chegamos ó parque da Ribeira:

e xogamos coas bicis:



Foto de grupo:

Tamén xogamos no parque e pasámolo xenial!!:






Despois de tanto xogo… chegou a hora de merendar!:

e como non, tamén xogamos co paracaídas:

Anteriores Entradas antiguas